Friday 19 de April de 2024

A rapazada do CPI Ponte Carreira dá o pistoletazo de saída ao Entroido en Frades


Mañá domingo terá lugar o Concurso de Disfraces, no que 23 participantes repartiranse máis de 1.200 euros en premios

A rapazada do CPI Ponte Carreira encheu onte venres de música e risas a praza pública de Ponte Carreira coa recuperación da súa tradicional Festa de Entroido, interrompida durante a pandemia sanitaria. Baixo a lenda “Un cole de contos e lendas”, os nenos e nenas desfilaron por clases caracterizados como personaxes da ficción máis clásica, dende personaxes Disney coma Pinocho ou Frozen ata os tradicionais disfraces de ratos ou ata do universo Harry Potter.

A festa terá continuidade mañá domingo 19 de febreiro no pavillón municipal de Ponte Carreira, onde a partir das 17:00 horas terá lugar unha gran Festa de Entroido con xogos, inchables, mascotas, música, fotomatón e unha gran chocolatada. Ademais, haberá un concurso de disfraces cun total de 23 participantes que se repartirán un total de 1.205 euros en premios.